O Concello de Mos presentou esta mañá a programación do Nadal municipal, que comezará este mesmo domingo, día 1 de decembro. Esta axenda festiva prolongarase ata o 5 de xaneiro co broche de ouro da Cabalgata de Reis pola Avenida de Sanguiñeda. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e demais membros do equipo de goberno local encargáronse da presentación. Entre eles destacan as concelleiras de Cultura e Participación Cidadá, Sara Cebreiro e Julia Loureiro, respectivamente. Estiveron acompañados por membros do Grupo de Teatro A Cividade de Louredo e representantes das Rondallas de Mos. Tamén da Asociación de Comerciantes e Servizos, ACeS Mos.
Entre os pratos fortes do programa de Nadal encontramos o acto de acendido do alumeado con actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona. Será o próximo venres, 6 de decembro, ás 18.00 horas no Pazo de Mos. Ademais, destaca a Feira do Comercio «Queda en Mos» tamén no Pazo os días 6, 7 e 8 de decembro e as Rondallas en Puxeiros o 22 de decembro.
Así mesmo, a programación conta coa Festa do Deporte no Multiusos das Pozas, que será o 27 de decembro a partir das 20.00 horas. Non obstante, a actividade máis potente será a Festa Pre Fin de Ano no Pazo de Mos, o 28 de decembro a partir das 23.00 horas. Nesta celebración, o público poderá disfrutar coa orquestra París de Noia e os DJs Álex Martini, Ballesteros, Groove Amigos e Samu Pexe. Ademais, a programación conta cun campamento infantil de Nadal e mostras de Belén en Herville e o Pazo de Mos.
Toda a programación
A axenda desta festividade arrincará o 1 de decembro co Festival Solidario de Cáritas no Multiusos ás 17.00 horas e continuará cun dos pratos fortes. Este é o acendido do alumeado de Nadal o 6 de decembro ás 18.00 horas. Nesta mesma xornada comezará a Feira do Comercio «Queda en Mos», que se prolongará durante toda a fin de semana. O 14 de decembro haberá unha excursión aos mercadiños navideños de Oporto e o 14, 15, 21, 22 de decembro organízanse Panxoliñas nas Igrexas.
Ademais, o 21 de decembro ás 20.30 horas estará o Grupo Teatro Mulleres en Igualdade no Auditorio de Guizán ofrecendo monólogos. Así mesmo, o 22 haberá diferentes actividades, como a Papanoelada motera ás 10.00 horas e o Festival de Baile Alumnos Patricia Martínez ás 12.00 horas. Tamén nesta xornada terá lugar as Rondallas Puxeiros con oito en total, sendo catro de Mos, tres de Porriño e unha de Tui. Por outra banda, o 26 de decembro as 19.00 horas presentarán o videoclip Terra Verde dos King Kids no Auditorio de Torroso. Na seguinte xornada, o 27 ás 20.00 horas, celébrase a Festa do Deporte no Multiusos das Pozas.
Tras todas estas actividades, chega unha das actividades principais o 28 de decembro ás 23.00 horas. Esta é a Festa Pre Fin de Ano no Pazo de Mos presentada polo Grupo de Teatro A Cividade e coa orquestra París de Noia. Tamén participan os DJs Álex Martini, Ballesteros, Groove Amigos e Samu Pexe. Na seguinte xornada ás 18.30 horas haberá un Concerto de Rubén Simeo trompetista e a Banda Torroso no Auditorio de Torroso. Para rematar a programación, o 5 de xaneiro ás 18.00 horas será a Cabalgata de Reis na Avenida de Sanguiñeda.