O forense Fernando Serrulla analizarao para saber se corresponde co «Largo Caballero» ourensano.
O equipo de arqueoloxía que dirixe Mario César vén de atopar os restos dun corpo na fosa de Filgueira, en Crecente, na que levan traballando dende a metade do mes de novembro. Este mércores acharon un esqueleto nunha posición «anómala» posto que tiña unha perna cruzada e un brazo dobrado, que podería corresponder co fusilado César Alberte Domínguez, coñecido como «Largo Caballero» polas súa vinculación aos sectores máis izquierdistas da política.
Podes ecoitar a entrevista completa co director da intervención arqueolóxica Mario César: