A pista de xeo de Samil abre hoxe, 29 de novembro, as súas portas para que grandes e pequenos poidan achegarse a patinar. As instalacións permanecerán en funcionamento ata o día 2 de febreiro.
A pista estará ubicada, ao igual que en anteriores ocasións, no aparcamento de Samil e contará tamén cunha pista de karts.
Horario
O horario de funcionamento dependerá do período de vacacións escolares e será o seguinte:
Do 29 de novembro ao 20 de decembro, abrirá de luns a venres de 16:30h a 22:00h e os sábados, domingos e festivos abrirá en horario contínuo de 11:00h a 22:30h.
Durante as vacacións escolares a pista estará aberta de luns a domingo de 11:00h a 22:30h.
A maiores, os días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro abrirá en horario de 16:30h a 22:30h, e os días 24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro de 11:00h a 19:00h.
Prezo
O prezo de cada entrada á pista de patinaxe é de 8 euros por 50 minutos e as familias numerosas contan cun desconto de 3 euros por entrada.
Pola súa banda, o prezo dos karts é de 5€ (4 voltas), 8€ (12 voltas) e 9€ para o kart biplaza (12 voltas) por adulto. O prezo para os nenos e nenas é de 3€ (4 voltas) e 6€ (12 voltas).