viernes, noviembre 29, 2024
InicioNewsA terraRibadavia está a un paso de ser 'Pueblo Ferrero Rocher 2024'

Ribadavia está a un paso de ser ‘Pueblo Ferrero Rocher 2024’

O Concello de Ribadavia pasa á fase final do concurso para poder converterse en ‘Pueblo Ferrero Rocher 2024‘ e contar co alumeado de Nadal que ofrece a marca dentro da súa campaña ‘Juntos brillamos más’.

Tras pasar as dúas primeiras fases de votación, o municipio ourensán chega á final competindo co municipio de Biar da Comunidade Valenciana. Os municipios que competían inicialmente e non chegaron á final son Ágreda en Soria, El Coronil en Sevilla e La Adrada en Ávila.

A partir das 12:00h do día de hoxe e ata o domingo 8 de decembro poderase votar para elexir o municipio gañador do concurso a través da seguinte ligazón. O día 9 de decembro anunciarase o concello que obtivo máis votos e que será o gañador desta edición.

Por último, a iluminación será inaugurada o xoves 12 de decembro no municipio que resulte gañador.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS