Taninos Runners e o Concello de Ponteareas abren o prazo de inscrición para participar na nova edición da proba non competitiva San Silvestre. Será o 31 de decemebro, ás 17:30 horas, e terá como punto de saída a Praza Maior. As persoas que estean interesadas en partiicpar deberán inscribirse na páxina web de Cronotec antes do 26 de decembro.
Como é habitual, trátase dunha proba solidaria e non competitiva polo que para retirar o dorsal é necesario realizar unha achega de alimentos ou produtos de hixiene personal.
O percorrido da proba conta cun total de 5 quilómetros e transcorrerá polo centro do municipio.