jueves, noviembre 28, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Rosal e Tomiño buscan docente de albanelería para recuperar o seu...

O Rosal e Tomiño buscan docente de albanelería para recuperar o seu patrimonio

Os concellos do Rosal e Tomiño fan un chamamento urxente para incorporar a unha persoa docente de albanelería ao Obradoiro de Emprego Roteiros Etnográficos ‘O noso patrimonio’. Este programa, que busca formar a 20 persoas desempregadas en traballos
relacionados coa recuperación patrimonial a través da carpintaría e a albanelería, está pendente de cubrir este posto clave para comezar a formación o vindeiro mes de decembro.

Segundo explican as administracións locais, o posto de docente require unha experiencia profesional mínima de catro anos como oficial albanel ou dous anos no caso de contar cunha titulación profesional relacionada con esta ocupación. O horario será de luns a venres de 08.00 a 15.00 horas no concello do Rosal e contará cun salario bruto de 1.900 euros mensuais con pagas extras prorrateadas.

Trátase dun posto de incorporación inmediata, xa que comezaría a impartir clases o vindeiro 13 de decembro e remataría en setembro de 2025. As persoas interesadas deberán poñerse en contacto á maior brevidade posible coas Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) de calquera dos dous concellos.

Neste contexto, as alcaldesas do Rosal e de Tomiño, Ánxela Fernández Callís e Sandra González, destacan a importancia deste obradoiro, xa que “non só estamos creando emprego, senón poñendo en valor o que nos fai únicos. Este proxecto ten o potencial de transformar vidas e protexer o noso patrimonio e precisamos atopar a esa persoa que axude a formar profesionais comprometidos e comprometidas co seu traballo, coa nosa historia e coa nosa cultura”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS