sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísGalicia roza os 6.000 positivos ao detectar 700 contaxios nun día

Galicia roza os 6.000 positivos ao detectar 700 contaxios nun día

Galicia xa superou o pico da primeira vaga da pandemia da COVID-19 ao ter 5.973 casos activos neste 1 de decembro. Na última xornada diagnosticáronse 706 novos positivos, récord dos últimos tres meses. Nos hospitais hai 169 persoas hospitalizadas, delas 30 en UCI.

En abril de 2020 acadáranse os 5.481 casos, pico da primeira vaga da pandemia, e xa superamos esa cifra.

Galicia ten hoxe 5.973 casos activos, máis de 500 máis ca onte.

O motivo é a detección de 706 novos casos mediante probas diagnósticas na última xornada, unha cifra que non se alcanzaba desde o pasado 21 de agosto.

Vigo é a área con máis casos:

 

Vigo: 1.652 (+186)

Ourense: 1.572 (+112)

A Coruña: 838 (+79)

Pontevedra: 592 (+65)

Lugo: 548 (+58)

Santiago: 473 (+29)

Ferrol: 298 (+22)

 

Preocupa que, a pesar da alta taxa de vacinados, cada vez máis persoas contaxiadas requiren ingreso hospitalario: xa hai 169 persoas hospitalizadas, 30 (+3) en coidados intensivos e 139 (+11) en planta.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS