viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsA RaiaPortugal non pedirá test negativo para entrar por vía terrestre

Portugal non pedirá test negativo para entrar por vía terrestre

O Goberno portugués recúa da súa decisión e non pedirá test negativo aos cidadáns da Unión Europea que entren ao país por territorio español. Unicamente deberán presentar test de vacinación se lle é solicitado nun control aleatorio.

O test negativo de antíxenos ou PCR si será obrigatorio para os cidadáns que entren en avión.

 Portugal flexibiliza o acceso por terra para os cidadáns europeos, pero advirte de que impoñerá controis aleatorios para asegurar que se cumpre a normativa.

Os cidadáns que non pertenzan a países da UE ou proveñan de países de risco alto, vermello ou vermello escuro no mapa do Centro Europeo para a Prevención e o Control de Enfermidades, deben presentar, ademais do certificado de vacinación, unha PCR negativa realizada nas últimas 72 horas ou un test rápido de antíxeno negativo certificado por un laboratorio nas últimas 48 horas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS