Os casos activos seguen aumentando en Galicia, hai 5.422 persoas con coronavirus arestora. Tamén empeora a situación nos hospitais, con 155 persoas ingresadas infectadas de COVID-19.
En canto aos contaxios diarios, foron detectados 499 novos casos por probas diagnósticas.
Soben todas as áreas sanitarias:
Vigo: 1.466 (+94)
Ourense: 1.460 (+109)
A Coruña: 759 (+44)
Pontevedra: 527 (+71)
Lugo: 490 (+15)
Santiago: 444 (+18)
Ferrol: 276 (+15)
Pola súa parte, a presión hospitalaria tamén sobe e xa hai máis 155 hospitalizados, 27 (+1) en UCI e 128 (+14) en planta.
O Sergas notificou tres decesos por mor da covid-19, que alza a cifra a 2.670 falecementos desde o inicio da pandemia.