O Concello de Ponteareas prepárase para o acendido do alumeado de Nadal que se inaugurará este domingo 1 de decembro na Praza Bugallal. O evento terá lugar ás 18:30h.
A vila ultima os preparativos para alumear as súas rúas e prazas con luces LED con motivo das festas de Nadal. Concretamente, no recinto da Praza Bugallal xa se respira o ambiente coa instalación de varias casetas e adornos a tamaño xigante.
Aínda queda por desvelar o resto da programación que ideou o Concello para este ano. No 2023, levouse a cabo un mercado con diferentes casetas así como representacións teatrais, musicais e un espectáculo de video mapping no que o Corpus Christi e a célebre Menina de Ponteareas eran os protagonistas.