O novo supermercado de Mercadona abriu hoxe as súas portas no Concello de Ponteareas. As instalacións, ubicadas no Parque de A Curuxeira, contan cun acceso peatonal dende o propio parque e outro para vehículos que accede directamente ao parking.
O local estará aberto de luns a sábado en horario de 9:00h a 21:30h. Pola contra, con motivo dos festivos de Nadal, as instalacións pecharán os días 6, 8, 15, 22, 25 e 29 de decembro e o 1, 5, 6 e 12 de xaneiro. Os días 24 e 31 de decembro permanecerá aberto de 9:00h a 19:00h.
Ademais, no seu interior atopamos a sección ‘Listo para comer‘ de pratos preparados, unha sección de xamón ao corte, unha pequena peixaría e unhas neveiras con peixe fresco xa limpo e envasado. A maiores, o supermercado conta cunha zona de restauración con mesas, microondas e cubertería onde sentarse a comer.
Así son as instalacións por dentro: