Concepción Val Cousiño, veciña da parroquia de Maceira no Concello de Covelo, festexou os seus 109 anos o pasado xoves 21 de novembro na compaña da súa familia e do alcalde Pablo Castillo, da concelleira María Valiñas así como do ex concelleiro José María Vázquez que a visitaron para agasallarlle un ramo de flores e unha torta de aniversario.
A emigración a Alemania, o traballo no campo no lugar de Pencello en Maceira, o da fábrica
de porcelana ou guiar aos bois permanecen tatuados na súa memoria e forman parte da súa traxectoria de vida dende que naceu no ano 1915.
Concepción é nai de dous fillos, Carmen e Valentín; ten tres netos, Silvia, Víctor e David, e dúas bisnietas, Sara e Alicia. De igual forma, reivindica como parte da súa familia ao seu xenro Antonio e á súa nora María del Carmen, así como tamén leva no seu corazón ao seu irmán Sergio, que vive en Uruguai, e ao seu marido, Valentín, que faleceu hai anos.