jueves, noviembre 28, 2024
InicioNewsConcellos +O Concello de Ponteareas executa a mellora do acceso ao barrio Barxela,...

O Concello de Ponteareas executa a mellora do acceso ao barrio Barxela, en Ribadetea

A concellería de Vías de Obras do Concello de Ponteareas executa a mellora do vial municipal de Barxela, en Ribadetea. O goberno municipal fala desta mellora como “unha importante intervención de máis de 25.284,23€ que da resposta a unha demanda histórica das veciñas e veciños deste barrio, esquecida durante anos”, sinalou o primeiro tenente de alcaldesa e concelleiro de Vías e Obras, Juan Carlos González. Esta obra conta co financiamento da Deputación de Pontevedra a través do +Provincia.

O obxectivo destas obras é dotar de accesos que garantan a seguridade e o subministro dos servizos básicos aos fogares da zona. A cuadrilla de asfaltado de vías e mantemento de beirarrúas executou un asfaltado en quente, o primeiro co que conta este vía.

Alén diso, esta mesma cuadrilla interveu nos últimos meses na subida ao Picoto, en Xinzo; no barrio de Couso, en Guláns; en Cristiñade; Moreira, na contorna da capela da Asunción, en Fontenla; no barrio da Serra, en Arcos e en Celeiros. Tamén procederon ao bacheo dos aparcamentos públicos no centro urbano. Asemade, Juan Carlos González explica que “realizamos un traballo diario de mantemento de estradas e camiños municipais nas 24 parroquias tentando aproveitar ao máximo os recursos humanos e materiais dos que dispomos”. Ademais traslada o seu agradecemento tanto á cuadrilla de vías como á de obras pola súa implicación “e traballo invisible porque aínda que traballan continuamente sempre hai moito por facer, por iso agradecemos a comprensión das veciñas e veciños e tamén a súa colaboración na comunicación dos puntos que precisan dunha mellora”.

En canto á cuadrilla de obra, composta por catro persoas, centraron o seu traballo
destes últimos meses na reparación e mantemento das beirarrúas de avenida de Galicia, Rosalía de Castro, Fermín Bouza Brey, rúa Esperanza e Oriente, Amado Garra, Carballos e Castañal, entre outras rúas.
Esta mesma cuadrilla, explica González Carrera, «procedeu á colocación de sinais verticais nas prazas de aparcamento de persoas con mobilidade reducida, creando unha nova praza na rúa Virxe da Luz». Por outro lado, o tenente de alcaldesa sinalou que “tivemos que reforzar a sinalización en superficie coa colocación de sinais verticais para recordar ás persoas condutoras que son espazos reservados para aqueles que presentan a tarxeta que os autoriza. Ademais houbo que reparar aquelas sinais que presentan danos provocados por impactos e intervir en espazos e edificios públicos que polo degaste diario precisan reparacións”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS