sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísGalicia supera os 5.000 casos de COVID-19 e ten 140 ingresados

Galicia supera os 5.000 casos de COVID-19 e ten 140 ingresados

Os casos activos xa están por riba dos 5.000 en Galicia e as hospitalizacións por coronavirus acadan os 140 ingresos, aínda que polo de agora non se teña detectado ningún caso da nova variante do SARS-COV-2 surafricana (ómicron).

En Galiciai hai 5.056 persoas con coronavirus, 277 máis ca o día anterior.

Foron detectados 414 casos novos contaxios na última xornada por probas diagnósticas. Cont odo son 105 menos que os diagnosticados o día anterior.

Por áreas sanitarias:

Vigo: 1.372 (+47)

Ourense: 1.351 (+88)

A Coruña: 715 (+41)

Lugo: 475 (+27)

Pontevedra: 456 (+36)

Santiago: 426 (+24)

Os ingresos nos hospitais siguen aumentando, tanto na UCI (+5) como en planta (+21). Así, a presión asistencial sobe ata as 140 persoas hospitalizadas, 26 en coidados intensivos e 114 en planta.

Con todo, o Sergas notificou un deceso por mor da covid-19, que alza a cifra a 2.667 falecementos desde o inicio da pandemia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS