miércoles, noviembre 27, 2024
InicioNewsActivado o Plan de Vialidade Invernal en Ourense para blindar 1.000 quilómetros...

Activado o Plan de Vialidade Invernal en Ourense para blindar 1.000 quilómetros con risco de neve e xeo

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, realizou unha visita ao parque provincial de maquinaria, no polígono de San Cibrao das Viñas, onde se prepara o operativo do Plan de Vialidade Invernal, que cunha dotación de preto de medio cento de profesionais, unha vintena de vehículos e unha reserva de 1.850 toneladas de sal ten por obxectivo manter a seguridade nos 1.000 quilómetros de vías provinciais onde hai risco de neve e xeo.

Neste contexto, Menor reivindicou que «achácaselle a esta Deputación que gasta moito en persoal, pero a importancia do mesmo radica en que apostamos pola prestación de servizos de maneira directa, por iso esta campaña se prestará con medios propios«.

O presidente provincial destacou que un 40% do total da rede viaria provincial atravesa zonas que se atopan a máis de 700 metros de altitude, polo que o plan despregará os medios nestes puntos a medida que sexa necesario. A previsión é que o operativo de vialidade invernal se estenda ata o próximo 30 de abril de 2025, blindando as vías provincias fronte a meteoroloxía adversa durante os catro meses de maior risco.

Na visita, o presidente da Deputación estivo acompañado pola directora da área de Infraestruturas, Marta Docampo; o xefe da sección de Conservación e Explotación, Antonio Carlos Sánchez; e o responsable do parque, José Fírvida, que explicaron os aspectos máis relevantes do plan, que conta con seis centros operativos distribuídos por toda a provincia e con base en Ourense, Verín, Manzaneda, A Pobra de Trives, O Barco de Valdeorras e Viana do Bolo.

Ademais do medio cento de medios persoais, o plan inclúe sete camións quitaneves e un tractor invernal con saleiro e coitela como equipamento fixo. Ademais, haberá dispoñible un equipo de medios de reforzo ocasional, entre os que se inclúen niveladoras, retroescavadoras, camións con muíño e saleiro ou vehículos ‘pickups’ con coitela.

No tocante a material fundente, a reserva de 1850 toneladas de sal distribuirase en nove almacéns e un silo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS