A proba solidaria de San Silvestre que percorre as rúas e prazas das localidades fronteirizas de Monçao e Salvaterra de Miño terá lugar o sábado 28 de decembro de 2024. A inscrición é gratuíta e basta con achegar un alimento non perecedoiro.
O percorrido ten unha distancia de aproximadamente 5 quilómetros con saída dende a Praza Deu-la-Deu en Monçao e chegada á Praza do Concello de Salvaterra de Miño. O horario de comezo da proba será ás 20:30 hora española, tras a realización, ás 20:00h, da proba infantil para menores de 12 anos.
O obxectivo deste evento deportivo é «sinalizar un momento de cariño e solidariedade con quen máis o precisa, ademais de fomentar o deporte» aseguran dende a organización.
As inscricións están abertas e poden facerse a través da seguinte ligazón.