domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsA RaiaPortugal retoma restricións e prepárase para os efectos do Nadal

Portugal retoma restricións e prepárase para os efectos do Nadal

As cifras obrigan a Antonio Costa a tomar medidas para conter os contaxios  e desde o 1 de decembro volve obrigar o uso da máscara en interior e a esixir certificado COVID para aterrar en Portugal ou acceder a residencias, discotescas ou hospitais.

O país luso opta por asumir que os efectos do Nadal serán moi perxudiciais para os contaxios de COVID-19 e preparan un plan para xaneiro que obrigará o teletraballo e retrasará a volta ás aulas.

Portugal activará o estado de calamidade o vindeiro día 1 de decembro, que non é un estado de alarma como o que tivo España senón un nivel de protección civil. O Goberno luso aplicará con el restricións que xa utilizou fai meses.

A máscara volverá ser obrigatoria en interiores, polo de agora non se esixe na rúa aínda que haxa aglomeracións. Por outro lado, pasa a demandarse probas negativas para visitar residencias da terceira idade, hospitais, grandes eventos e tamén bares e discotecas.

Portugal esixirá tamén o próximo mes un test negativo a todos os pasaxeiros que aterren en solo portugués desde o 1 de decembro. Haberá sancións económicas elevadas para as aeroliñas que non esixan a proba ao pasaxeiro ao embarcar.

O Goberno luso ademais ten un plan especial deseñado para despois do Nadal para minimizar os riscos: do 2 ao 9 de xaneiro o teletraballo será obrigatorio, os alumnos aínda non volverán ás aulas e as discotecas e bares permanecerán pechados.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS