O Concello de Baiona ultima os seus preparativos para o acendido da iluminación de Nadal que está previsto que se realice o próximo xoves día 5 de decembro na Praza do Concello.
Ese día poderase disfrutar do pasarúas que dará comezo as 19:30 horas ca batucada «Lenha Verde» que amenizará o casco vello e as principais rúas da vila. Posteriormente, as 20:30 horas acenderáse a iluminación de nadal, «deixando que se encha de luz e cor todo o Municipio», tal e como apuntan desde a administración local. Para rematar o acto, sobre as 20:45 horas, comezará o concerto de música pop do grupo baionés «Los del Barro» a partir das 22:30 horas.
Con este acto de acendido daráse comezo a programación BaiNadal 2024-2025 tendo como broche final a Cabalgata dos Reis Magos que terá lugar o domingo 5 de xaneiro de 2025.