martes, noviembre 26, 2024
InicioO PaísA CoruñaOs menores de cinco anos poderán vacinarse fronte á gripe esta fin...

Os menores de cinco anos poderán vacinarse fronte á gripe esta fin de semana en Galicia

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de anunciar que esta fin de semana procederase á vacinación da poboación infantil fronte á gripe nos 14 hospitais de Galicia.

Deste xeito, todos os nenos e nenas menores de cinco anos que non foran vacinados con anterioridade, poderán facelo entre o 30 de novembro e o 1 de decembro.

Os proxenitores recibirán un SMS informativo cun tramo horario no que poderán acudir ao hospital de referencia para vacinar aos cativos e cativas. A convocatoria total no conxunto das catro provincias abrangue ao redor de 24.000 nenas e nenos.

O fin desta medida é «facilitar a conciliación familiar ao tempo que se potencia a vacinación«, aseguran dende a Xunta de Galicia. Desta forma, «os proxenitores que non poidan acudir pola semana ao centro de saúde terán como alternativa vacinar aos seus fillos na fin de semana».

Nos sete hospitais principais, a vacinación terá lugar tanto o sábado como o domingo de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Nos sete hospitais comarcais, a vacinación será o sábado de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

A Consellería de Sanidade lembra «a importancia da vacinación antigripal infantil para evitar complicacións graves derivadas do padecemento da enfermidade» e asegura que «os datos da campaña de vacinación do pasado ano amosan que a vacinación antigripal en poboación infantil é efectiva para evitar ao redor do 70% das hospitalizacións causadas por esta infección nas nenas e nenos de Galicia».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS