martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsPonteareas crea un mural colaborativo do 25N para recoller o sentir da...

Ponteareas crea un mural colaborativo do 25N para recoller o sentir da vila

Ponteareas realizou unha xornada contra a violencia machista debido ao Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Nesta concentración realizouse unha marcha dende a praza Maior ata a Casa do Concello e deuse lectura dun manifesto. Ademáis de anunciar a campaña de concienciación que chegou as vintecatro parroquias e as redes sociais, así como a creación dun punto violeta virtual.

“Dende o Concello de Ponteareas, manifestamos a nosa tolerancia cero ante calquera forma de violencia contra as mulleres. Non é aceptable, baixo ningunha circunstancia, a violencia de xénero. A violencia cara as mulleres é unha violación dos dereitos humanos e unha barreira inaceptable para acadar a igualdade, a xustiza e a paz na nosa comunidade. Reafirmamos o noso rexeitamento total a calquera acto que atente contra a dignidade, a liberdade e a vida, e asumimos a nosa responsabilidade de combatelo de xeito decidido e continuado”, manifestou a concelleira de Benestar Social, Raquel Plana.

A través do manifesto, ao que deu lectura Toñi Yanes asesora xurídica do CIM, o Concello de Ponteareas pedíu a erradicación da violencia contra as mulleres e convidou a toda a sociedade a denunciar e a traballar pola igualdade. “É habitual escoitarmos falar da cifra dos feminicidios, pero esta é a última consecuencia dunha innumerable lista de violencias que, por non remataren en asasinatos ou non denunciárense, permanecen invisibles, silenciadas e mesmo normalizadas”. Precisamente para loitar en contra da normalización de mensaxes machistas a concellería de Benestar Social difundíu nas redes sociais “mensaxes tipo” que adoitan chegar áos teléfonos móbiles das mozas e que son indicios de actitudes que atentan contras as mulleres. Ademais, a concellería de Benestar Social difundíu nas vintecatro parroquias cartelería que ofrece acceso a un código QR no que atopar información de apoio ás mulleres maltratadas e documentos que promoven a concienciación.

No manifesto aludían á violencia económica que priva ás mulleres da súa independencia, asunto no que traballa o Concello de Ponteareas dende os Programas Integrados de Emprego no que dan prioridade ás mulleres para formarse e facilitar o acceso ao mercado laboral coa realización de prácticas en empresas locais.

“Debemos tamén prestar especial atención ás mulleres do ámbito rural onde a violencia machista está máis silenciada e invisibilizada, ás mulleres con algunha discapacidade, as mulleres maiores e outros colectivos de mulleres en situación de maior vulnerabilidade”, leu Raquel Plana.

Para estar máis preto os 365 días do ano este ano a Concellería de Benestar Social lanzará un punto violeta virtual no que a través dun código QR específico poderá accederse a teléfonos e información de apoio ás mulleres que son vítimas de violencia de xénero.

Toda a corporación municipal de Ponteareas comprometeuse a buscar e conseguir recursos para continuar a loita contra a violencia de xénero dende a prevención ata o acompañamento e insistindo na sensibilización e a condena de esta lacra social.

No mural colaborativo autoridades políticas e a cidadanía participante deixou a súa mensaxe de apoio e suxestións.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS