lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísO casco histórico de Ribadavia convértese nun mercado de Nadal

O casco histórico de Ribadavia convértese nun mercado de Nadal

O municipio de Ribadavia converterase nun mercado de Nadal. Así o fixo saber o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, quen visitou a cidade óurensá no marco dun curso formativo sobre decoración e escaparatismo dirixido ao comercio local co obxectivo de «seguir mellorando as competencias e habilidaes do tecido comercial, reforzando áreas que impulsan de xeito estratéxico a súa visibilidade e promoción no punto de venda».

Neste sentido, Alén fixo fincapé en que Ribadavia acollerá a iniciativa «Artesanía, saber
e sabor» do 6 ao 8 de decembro. Esta acción abranguerá un mercado de Nadal de Artesanía Alimentaria e de Artesanía de Galicia, entre outras actividades que se celebrarán no casco histórico da vila, empregando tamén locais comerciais en desuso e a igrexa da Magdalena.

Ademais, «Artesanía, saber e sabor» tamén funciona como punto de partida do proxecto Vilas Vivas, que será impulsado pola Xunta no 2025 co obxectivo de reforzar a dinamización do tecido comercial de vilas e cabeceiras de comarcas galegas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS