lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísUn incendio forestal calcina 20 hectáreas en Cerdedo-Cotobade

Un incendio forestal calcina 20 hectáreas en Cerdedo-Cotobade

Oincendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Corredoira, está controlado desde as 8.30 horas de este mércores pola mañá. Calcinou alomenos 20 hectáreas.

O lume comezou onte ás 16.48 horas do martes e, segundo as últimas estimacións provisionais, que se revisarán ao longo do día, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Para o seu control a Consellería de Medio Rural mobilizou ata o de agora 2 técnicos, 9 axentes, 19 brigadas, 11 motobombas e 2 pas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS