Os dous artistas, veñen de confirmar as dúas datas dos seus concertos para a próxima tempada, e ambos teñen cita para actuar en Galicia, concretamente na Coruña. Deste xeito, súmanse á oferta musical da cidade.
O concerto de Chayanne será o 18 de maio de 2025 e o de Leiva terá lugar o 12 de xullo de 2025. As entradas para ambos eventos sairán á venda este mércores 27 de novembro.
Concerto de Chayanne
O próximo 18 de maio A Coruña acollerá o concerto de Chayanne dentro da súa xira «Bailemos una vez más«, co impulso da Xunta de Galicia.
O evento terá lugar no Coliseum da Coruña e as entradas saen a venda o próximo mércores 27 de novembro en entradas.com.
O espectáculo, promovido por Primer Bear Producción co apoio de Turismo de Galicia, ten como fin enriquecer a oferta turística da cidade herculina a través de eventos musicais, aseguran dende a Xunta de Galicia.
Concerto de Leiva
O artista madrileño presentará na capital coruñesa a súa xira «Gigante» o próximo 12 de xullo de 2025, dentro do ciclo de concertos ‘Coruña Sounds‘, que promove o goberno local.
O concerto terá lugar no peirao de Batería e as entradas sairán á venda o vindeiro mércores 27 de novembro ás 12:00h a través da páxina web www.leivaentradas.com.
O artista interpretará cancións do seu novo álbum ‘Gigante’ así como os seus grandes éxitos, froito da súa etapa en Pereza e dos seus seis traballos a nivel individual.
«Desde o goberno local trataremos, un ano máis, de manter á Coruña como a capital musical do noroeste grazas á nosa colaboración con grandes ciclos de concertos como é o caso de Coruña Sounds, que aposta por artistas de grande éxito e renome como Leiva», sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.