O 112 Galicia recibiu, na madrugada deste luns 25 de novembro, unha chamada dun particular alertando de que a vivenda dos seus veciños estaba ardendo. O incendio produciuse na parroquia de Cristiñade, concretamente no lugar Penela, no Concello de Ponteareas.
Tras a alerta ao 112, pasouse aviso aos Bombeiros de Ponteareas, quen levaron a cabo as tarefas de extinción do lume e indicaron que se trataba dunha casa de paredes de pedra e teito de madeira.
O lume iniciouse nunha cociña de leña, extendeuse ao tellado da vivenda e propagouse a través das vigas, segundo indican os equipos de emerxencia desprazados. Finalmente, o tellado da vivenda ardeu na súa totalidade.
Ata o lugar achegáronse tamén efectivos da Garda Civil e da Policía Local, así como Protección Civil. O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tamén se acercaron á vivenda e o seu persoal foi o encargado de trasladar a unha persoa ao centro hospitalario de refenrencia a bordo dunha ambulancia.