sábado, noviembre 23, 2024
InicioConcellos +A CañizaO pavillón de Valeixe, na Cañiza, conta con melloras na iluminación e...

O pavillón de Valeixe, na Cañiza, conta con melloras na iluminación e calefacción

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, visitou as obras rematadas na instalación deportiva das Touzosas. Esta actuación contou cun investimento de 59.952,70 euros e foi subvencionada totalmente pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta. Isto a través da axuda do Fondo Adicional do Fondo de Cooperación Local. O fondo está destinado a Concellos de menos de 10.000 habitantes. Utilizouse para a “mellora enerxética no pavillón deportivo de Valeixe”.

A actuación, adxudicada á mercantil Construelectric Systems Galicia S.L., tivo uns costes de execución de 53.966 euros. A esta cantidade engadíronse 3.811,50 euros de honorarios de redacción do proxecto. Tamén de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde, adxudicados ao técnico Juan Carlos Castro García. No proceso de licitación a actuación conseguiu unha rebaixa de 2.175,20 euros. Esta disminución tamén estara reflictida proporcionalmente na subvención percibida.

Estas obras permitirán lograr un importante aforro enerxético e ambiental”. Éstas son as declaracións do alcalde tras visitar onte o pavillón. Estivo acompañado da teniente de alcalde María José Rodríguez e de representantes das asociacións e clubs que utilizan as intalacións.

Obras da instalación deportiva das Touzosas

As obras permitiron renovar todo o alumeado interior e mellorar a eficiencia enerxética do sistema de aquecemento de auga mediante a instalación de aerotermia.

Cambiáronse todas as lámpadas de vapor de sodio de alta presión de 400 vatios, que lle outorgaba unha baixa eficiencia á instalación. Tras a reforma o pavillón estrea 35 novas luminarias Campá Led de última xeración cunhas prestacións adecuadas ao recinto. Ademáis da instalación de cable de liña eléctrica RZ1 e eléctrico para transmisión de datos dixitais. Instalouse un novo cadro eléctrico adecuado a regulación vixente, incluíndo aparamenta xeral de protección. Tamén protectores contra sobretensións, reloxes programadores e contactores, 6 sensores de movemento e 1 detector multisensor especial para grandes alturas.

Ademáis a caldeira de gasóil que alimenta ao sistema de auga quente sanitaria (AQS), quedou disminuida polo paso do tempo, perdendo rendemento polo que era necesario sustituila. Empregouse un sistema de aerotermia que ademáis de aumentar a eficiencia, ten unha menor emisión de gases de efecto invernadoiro. A nova actuación permitiu instalar unha bomba de calor aerotérmica cun valor de 12.198,99 euros máis impostos.

Estas dúas actuacións teñen por obxectivo conseguir unha maior eficiencia enerxética, mellor calidade lumínica e un mellor confort término para beneficio da veciñanza e usuarios da instalación. A estas melloras súmase unha reducción do consumo de enerxía primaria e polo tanto dos costes de mantemento.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS