viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasO alumnado de Mos aprende a salvar vidas a través da Reanimación...

O alumnado de Mos aprende a salvar vidas a través da Reanimación Cardio Pulmonar

Os profesionais dos GES e Protección Civil do Concello de Mos explicaron as manobras de Reanimación Cardio Pulmonar, RCP, ao alumnado de primaria dos CEIPs do municipio. A concelleira de Educación Julia Loureiro e o segundo tenente de alcaldesa e edil de Emerxencias, Leo Costas, visitaron esta formación. Estes representantes municipais declararon que “dende o Concello de Mos cremos necesario incorporar a aprendizaxe da RCP nas escolas. Posto que desta maneira conciénciase á cativada da importancia de saber intervir e reaccionar nunha situación de urxencia que se poida dar no centro educativo”.

A morte súbita cardíaca é un evento polo que o corazón deixa de realizar a súa función de bombeo. Isto presenta á persoa unha perda de coñecemento, parada cardíaca e para respiratoria. Só en España prodúcense ao redor de 30.000 mortes por parada cardio respiratoria ó ano. Por iso, é importante que se coñezan este tipo de técnicas. Nestes casos, unha pronta activación dos sistemas de emerxencia sanitaria e o inicio precoz de medidas básicas de urxencia aumentan a supervivencia e diminúen o risco de padecer secuelas graves.

O ideal é iniciar todas esas manobras nos primeiros cinco minutos do evento. Por desgraza non sempre que hai unha parada cardíaca respiratoria temos un médico ou persoa sanitaria ao noso lado, polo que o familiar ou testemuña é o que debe facerse cargo da situación.

Formación en RCP

Os obxectivos desta iniciativa son formar ó alumnado na actuación ante unha situación de emerxencia. Tamén sensibilizar aos estudantes da importancia de coñecer como proceder ante unha emerxencia.

Os profesionais dos GES e Protección Civil do Concello de Mos explicáronlle tamén ao alumnado outras técnicas e pasos a seguir para ter protección e á vez poder auxiliar a quen o necesite. Na actividade o alumnado despois da teoría puxo en práctica a RCP.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS