viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas activa o primeiro punto violeta virtual de información

Ponteareas activa o primeiro punto violeta virtual de información

Apoio as 24 horas dos 365 días do ano é o noso obxectivo” explica a concelleira de Benestar Social, Raquel Plana. Tamén adianta as accións que se iniciarán con motivo da celebración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Estas actividades terán continuidade ao longo de todo o ano.

Para avanzar na igualdade, o Concello de Ponteareas activará nas vindeiras semanas o punto violeta virtual. Este permitirá ter acceso a toda información do punto a través dun código QR específico e visible en todos os grandes eventos. Para concienciar e non baixar a garda máis aló dunha celebración, o Concello xa iniciou a difusión nas 24 parroquias. Isto por medio de folletos e pegatinas na que acceder a través dun QR á información, recursos e campaña de sensibilización. Este código QR estará nos diferentes elementos gráficos distribuídos polo centro urbano e polo rural.

Campaña do 25N en Ponteareas

A campaña do 25N contempla tamén a obra de teatro “As Formas do Amor” de María Ángeles Iglesias. Terá lugar mañá 22 de novembro ás 20.30 horas no auditorio municipal Reveriano Soutullo. Organizada pola Deputación de Pontevedra conta coa colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade e do Ministerio de Igualdade.

O Concello tamén instala un photocall na Praza Maior. Dende o goberno local afirman que «espertará a conciencia da cidadanía e recordará cada día que a igualdade é un elemento esencial para unha sociedade mellor, cousa de todos e aínda unha tarefa pendente de cumprimento».

A campaña estendese ás redes sociais con creatividades que alertan de mensaxes “lamentablemente cotiás que reflicten unha realidade e convidan a non contribuír, a
non aceptar e a non normalizar”, explica a concelleira. Baixo o título de “Resúltache familiar… Así non é” a concellería quere alertar e loitar contra a aceptación de normas machistas que frean o avance hacia a igualdade e a liberdade das mulleres.

O luns 25 de novembro o Concello convida a participar na marcha pola igualdade que irá dende o photocall da Praza Maior ata o Concello de 18.30 a 19.00 horas. Ás 19.00 horas terá lugar a lectura do manifesto e a creación dun mural colaborativo. Neste espazo toda a cidadanía participante poderá deixar as súas mensaxes e renderease homenaxe ás vítimas.

Raquel Plana explica que ademais da campaña dende o CIM trabállase a diario pola mellora da vida das mulleres ofrecendo recursos, apoio e medidas específicas para casos excepcionais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS