Visitar a un paciente hospitalizado en Galicia requerirá aportar o certificado COVID de vacinación, unha proba negativa ou acreditación de ter superado a enfermidade. Desde a publicación da norma no DOG ata o 4 de decembro, prorrogable no tempo despois.
A Xunta solicitáralle autorización ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para implantar esta medida preventiva de seguridade sanitaria e o alto tribunal galego autorizoulle.
A norma terá efecto desde as 00:00 horas do día seguinte a que se publique no Diario Oficial de Galicia (DOG) e ata as 00:00 horas do 4 de decembro, cumpre, segundo os maxistrados, «a función de evitar contaxios e de minimizar os riscos».
Os maxistrados consideran «xustificado», debido á situación epidemiolóxica actual da comunidade, adoptar «medidas que permitan conciliar a posibilidade de que o paciente reciba visitas e estea acompañado coa necesidade de evitar contaxios».
Nin en urxencias nin os menores de 12 anos
O tribunal destaca que a orde limita a exhibición da documentación aos centros onde os pacientes están hospitalizados, pois “exclúe expresamente outros espazos como consultas hospitalarias ou servizos de urxencia, xa que neles non se produce unha estancia prolongada, co consecuente risco de transmisión do virus”. Tamén están excluídos da medida os menores de 12 anos.