viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasO Porriño materializa o compromiso coa inclusión social duplicando a axuda a...

O Porriño materializa o compromiso coa inclusión social duplicando a axuda a ACEESCA

O Concello do Porriño materializa o seu compromiso coa inclusión social ao duplicar o apoio económico a ACEESCA, alcanzando un total de 30.000 euros neste ano. Este é o maior respaldo que se prestou a esta entidade social. Así mesmo, formalízase a través de dous convenios de colaboración que reforzan a súa atención integral. A asociación ofrece distintas áreas de axuda como atención temperá, educación, centro de día, talleres ocupacionais e fomento do emprego.

A administración local mantén a súa achega de 9.800 euros a ACEESCA e duplica o investimento no seu programa de emprego LUME, que agora ascende a 20.000 euros. Este esforzo económico destínase a apoiar as diversas actividades que realiza a asociación. O seu traballo é fundamental para a integración e o desenvolvemento de persoas con discapacidade intelectual no Porriño e na contorna.

A colaboración do Concello con ACEESCA vai máis aló das axudas económicas. O concello implicouse activamente en proxectos como a Cafetería Lume. Este é innovador programa de formación dual ao que contribuíu coa cesión de instalacións. Así como no centro de FP Dual e na inclusión de ACEESCA nas actividades das áreas de Política Social e Benestar Social, así como nas educativas. Ademais, brindouse respaldo á construción da nova residencia inclusiva que ampliará as oportunidades de atención e apoio ás persoas con discapacidade intelectual.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, puxo en valor o labor diario de ACEESCA, subliñando o seu compromiso coa inclusión e o benestar social. «O traballo que realizan é inconmesurable, loitan desde hai décadas por un Porriño máis inclusivo e empático. Cambian moitas vidas e cámbianas a mellor, e iso é algo que o Concello sempre ten que respaldar”.

ACEESCA

Cunha traxectoria de máis de 40 anos, ACEESCA consolidouse como un referente na inserción laboral e social de persoas con discapacidade no Porriño. Ofrecen programas e servizos que promoven a súa autonomía e desenvolvemento persoal. A súa marca de emprego, Aceesca Emprego, naceu no ano 2006 co seu centro especial de emprego. O obxectivo era xerar oportunidades laborais ás persoas con discapacidade intelectual, ante a dificultade que encontran para conseguir postos de traballo na empresa ordinaria.

Este servizo comezou cunha actividade de xardinería e a día de hoxe coa imaxe renovada de LUME aglutina a 63 traballadores. Prestando servizos de deseño e mantemento de xardíns, producción de plantas ou limpeza, ademais da formación profesional en xardinería, limpeza, hostalería ou administración.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS