jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeO Porriño estrea un novo parque infantil en Atios

O Porriño estrea un novo parque infantil en Atios

Os nenos e nenas de Atios dispoñen dun novo parque infantil no Outeiro, no barrio dos Galegos, que ata o de agora carecía dun espazo deste tipo.

Este novo parque «responde á necesidade de crear e mellorar as zonas públicas de xogos para a cativada no Porriño, unha liña de traballo que se intensificou no último ano co obxectivo de ofrecer ás familias novos espacios de lecer» aseguran dende o goberno local.

O novo parque, que requeriu unha inversión superior aos 30.000 euros, financiouse nun 70% con fondos autonómicos e está deseñado para garantir a seguridade e diversión dos máis pequenos. A instalación realizouse sobre un firme de formigón, cuberto con céspede artificial antiestático que proporciona a amortiguación necesaria para que a cativada poida xogar con total tranquilidade. Os elementos de xogo inclúen columpios, un balancín, un tobogán de 1,5 m de altura e unha mesa de xogos.

Ademais da zona infantil, o recinto tamén alberga un parque biosaudable para adultos, con diversos elementos para promover a actividade física na poboación maior. Toda a área esta pechada perimetralmente, asegurando unha contorna segura para que os pequenos xoguen con tranquilidade.

Ademais, o Concello do Porriño xa sacou a licitación un plan de mellora de cinco parques existentes e unha área biosaudable. Este proxecto, cun orzamento base de máis de 65.000 euros, execútase ao amparo do Plan +Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra e comprende melloras nos parques da parroquia de Cans (A Graña e o río Couso), en Torneiros (Fase I e Centro Cultural Alba), A Costeira en Pontellas e A Forna en Budiño.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, reiterou o seu “compromiso con facer do Porriño un pobo no que os nenos e nenas poidan crecer felices e se sintan orgullosos. Os recursos cos que contamos fan que non poidamos ir tan rápido como nos gustaría, pero non paramos avanzar cara o noso obxectivo que é o benestar da nosa cativada”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS