Dani Martín actuará na Coruña o 16 de maio de 2026 dentro da súa xira ‘25 p*t*s años‘ na que repasará os grandes éxitos da súa carreira musical, dende os seus anos en ‘El Canto del Loco’ ata o triunfo coa súa propia banda.
A actuación terá lugar no Coliseum A Coruña, recinto no que xa actuou o cantante madrileño en 2022 e que conta con aproximadamente 9.000 prazas. A actuación dará comezo ás 21:00h.
«A Coruña continuará sendo o gran referente musical do noroeste grazas a unha programación que vai dos pequenos espazos aos grandes concertos nacionais e internacionais», sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
As entradas sairán á venda este xoves 21 ás 12:00h e poderán adquirirse a través da web de ‘El Corte Inglés’ ou na páxina web www.danimartin.com.