O Concello de Salvaterra de Miño recolle o recoñecemento de Calidade Turística 2020.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, xunto coa Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, fixeron entrega á alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, do recoñecemetno de Calidade Turística 2020 ao entorno da fortaleza do municipio «pola súa aposta, no cumprimento dos requisitos das normas que o ICTE establece acadando a marca de Q de Calidade Turística».
É este un distintivo que certifica a calidade e as empreas ou organismos que o obteñen cumpren unha serie de requisitos específicos en canto ás características dos servicios que as diferencia dos seus competidores.