Celébrase, durante todo o día no pavillón Óscar Pereiro, a II Fase Amateur Libre do Galego de Patinaxe Artística organizada polo Club Rosaleira
O salón de sesións do Concello de Mos acolleu a presentación desta cita do Campionato Galego de Patinaxe Artística que se desenvolverá entre as 10.00 e as 20.30 horas. Participarán un total de 75 patinadores e patinadoras de entre 13 e 20 anos de idade pertencentes a 30 clubs de patinaxe de toda a comunidade.
No acto de presentación estiveron:
Daniel Benavides Alonso, xefe de servizo do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia:
Victoria Alonso, deputada provincial:
Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos:
Andrea Conde Rodríguez, presidenta do Club Rosaleira:
José Areal, concelleiro de Deportes e demais membros da Corporación Municipal mosense e Beatriz Fernández Bahamonde, adestradora do Club Rosaleira.