miércoles, noviembre 20, 2024
InicioNewsActualidadeO artista Robín Trigás presenta a súa exposición o próximo xoves en...

O artista Robín Trigás presenta a súa exposición o próximo xoves en Tui

Tui acollerá este xoves 21 de novembro a inauguración da exposición «Después de que nos hayamos ido» do pintor Robín Trigás. O acto de inauguración terá lugar ás 19:30h na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, ubicada no edificio Francisco Sánchez.

A mostra poderá visitarse ata o 11 de xaneiro de luns a venres en horario de 9:00h a 14:00h e de 15:30h a 20:30h. Os sabados estará aberta de 9:00h a 13:00h.

Robín Trigás, natural de Ourense, vive na actualidade en Tui. Asegura que «os seus primeiros recordos son pintar e debuxar, e viaxar por un mundo creativo». Foi marino mercante durante doce anos, e tras describir outros lugares e persoas, decidiu adicarse plenamente á arte.

Trasladouse a Londres tras un breve paso por Madrid, onde se formou na Heatherley School of Art e na Chelsea School of Art. Tras anos vivindo na capital británica, volveu a España.

Na exposición “Después de que nos hayamos ido” reflexiona a través da pintura sobre «a nosa presenza no planeta terra, a nosa relación con el e o efecto que podería ter nas nosas vidas ao reconciliar a nosa condición de terrícolas» segundo informa o propio artista.

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, indica que «esta exposición mostra unha escolma da produción de Robín Trigás na que salienta a súa relación coa paisaxe que aborda con técnicas propias como son a encáustica e a nihonga.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS