Nas próximas horas espérase que entre por Galicia unha borrasca que afectará principalmente á zona norte da comunidade así como ás zonas altas como son as montañas de Lugo e Ourense.
Meteogalicia informa que hai activado para este xoves 21 de novembro aviso amarelo por choiva no interior e noroeste da Coruña e por vento na Mariña e nas montañas de Lugo e Ourense.
Do mesmo xeito, agárdanse precipitacións durante o día de hoxe e mañá en toda a comunidade e prevese que as temperaturas se manteñan entre os 10º e os 15º.