martes, noviembre 19, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoVigo cifra nun 82% a ocupación hoteleira na cidade no marco da...

Vigo cifra nun 82% a ocupación hoteleira na cidade no marco da programación do Nadal

O Concello de Vigo acende o Nadal cun 82% de ocupación hoteleira. Así o dixo o alcalde, Abel Caballero, logo do acto de acendido que tivo lugar o sábado 16 de novembro, «que seguiron miles e miles de persoas».

Deste xeito, a Porta do Sol acolleu o pasado sábado o acto que dá inicio á celebración do Nadal na cidade, cunha homenaxe a Valencia e a tódalas persoas afectadas pola DANA. Tal e como valorou o rexedor, o acendido da iluminación navideña congregou a “miles e miles de persoas” na cidade que «rexistrou unha grande afluencia de visitantes nas diferentes rúas da zona central».

En canto á ocupación hoteleira, Caballero apuntou que a noite do sábado rexistrouse unha porcentaxe superior ao 82% mentres a media da fin de semana, venres, sábado e domingo, situouse no 72,5%. “O dispositivo de seguridade funcionou á perfección e non houbo afeccións ao tráfico, polo que a cidade se desenvolveu extraordinariamente ben”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS