domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísGalicia supera os 1.500 casos de coronavirus e ten 60 ingresados

Galicia supera os 1.500 casos de coronavirus e ten 60 ingresados

Galicia diagnosticou na última xornada 214 novos casos de coronavirus, case un cento máis (91) que un día antes. Sitúase nos 1.540 casos activos e a situación afecta tamén aos hospitais que rexitran 60 ingresados COVID-19.

Hai 173 persoas máis con coronavirus que na xornada anterior e soben en todas as áreas sanitarias. En total, 1.540 persoas sofren a covid en Galicia.

Nas últimas 24 horas detectáronse 214 novos contaxios por probas diagnósticas, 91 máis ca no día de onte.

Por áreas sanitarias:

Ourense: 365 (+33)

A Coruña: 341 (+24)

Vigo: 313 (+50)

Lugo: 153 (+19)

Santiago: 137 (+14)

Pontevedra: 124 (+10)

Ferrol: 107 (+13)

Nos hospitais galegos son 60 as persoas hospitalizadas con COVID-19. En total, hai 11 persoas en coidados intensivos e 49 en planta.

Con todo, o Sergas notificou un deceso por mor da covid, que deixa o número de falecementos nos 2.659 desde o inicio da pandemia

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS