martes, noviembre 19, 2024
InicioNewsComarcasA carreira popular de "Mondariz Balneario co deporte de elite" conta xa...

A carreira popular de «Mondariz Balneario co deporte de elite» conta xa con 300 inscritos

O Concello de Mondariz Balneario ven de presentar a I Edición do evento “Mondariz Balneario co deporte de elite”. Este é un evento que nace para achegar os deportistas e as súas viviencias a todos os amantes do deporte. Tamén trata de destacar o enclave de Mondariz Balneario para a práctica de exercicio. Serán dous coloquios deportivos este venres e sábado, 22 e 23 de novembro, e rematará coa Carreira Popular este domingo. Na actualidade, esta actividade conta con 300 persoas inscritas.

Os invitados nesta primeira edición serán Alice Finot, campioa de Europa e cuarta clasificada nos JJOO de París nos 3000 obstáculos, e Alex Andújar, preparador físico do RC Celta. Tamén estarán Ezequiel Mosquera, subcampión na Vuelta a España e organizador do Gran Camiño e Pepe Casal, que logrou a prata nos JJOO de Pekín e é preparador físico de Pau Gasol. Por último, participarán Melania Rodríguez, campioa do Mundo de Ximnasia, e Toni López, campión de España de Judo para cegos.

Os coloquios estarán moderados por Silvia Vieito e Terio Carrera. Nestes eventos versarán sobre as súas experiencias e traxectorias, facendo fincapé nos valores e hábitos saudables que ten o deporte. Estas dúas xornadas terán o seu broche final coa carreira popular “Correndo entre Auga”, unha carreira que volve a vila despois de 20 anos.

O alcalde, César Gil, móstrase ilusionado e afirma que “É un evento moi importante para nós. Somos un lugar ideal para preparar unha gran competición de calquer modalidade deportiva, temos o noso patrimonio natural e noso benestar mental. Será unha gran oportunidade para ver de cerca a eses deportistas que habitualmente seguimos na televisión e que de seguro serán moi interesante escoitar as súas experiencias”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS