Tanxugueiras confirma a súa candidatura para representar a Esapaña en Eurovisión 2022. O grupo ou cantante elixido escollerase en xaneiro no Benidorm Fest e as pandereteiras galegas alí estarán para tentar que o galego soe no certame europeo da canción.
Canción «Figa» de Tanxugueiras:
De conseguilo sería a primera canción nunha lingua cooficial que representaría a España en Eurovisión.
Tanxugueiras ten vantaxe cos eurofans porque as galegas xa saíron escollidas nunha enquisa de eurofans como favoritas.
O seu tema Figa gustou para representar a España por varios motivos, e entre eles está o idioma. Sería a primeira canción candidata nunha cooficial en España.
Aseguran que teñen unha canción orixinal para levar ao Festival de Benidorm: en galego, con pandeiretas e coa súa sonoridade.