lunes, noviembre 18, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas acollerá unha nova instalación de atletismo e tiro con arco en...

Ponteareas acollerá unha nova instalación de atletismo e tiro con arco en Fontenla

O Consello da Xunta de Galicia autorizou este luns a sinatura dun acordo de colaboración entre Turismo de Galicia e o Concello de Ponteareas. O obxectivo é a construción de varias instalacións deportivas neste municipio pontevedrés. Estes espazos permitirán incrementar a potencialidade do concello para acoller e promover distintas competicións deportivas. Tamén favorecerá o interese de visitantes ao redor desta proposta turística.

Así, construiranse unha pista de atletismo, unha pista de tiro con arco e un espazo interdisciplinar. Estes contribuirán á mellora da saúde pública da veciñanza e favorecerá o enriquecemento do contorno educativo. Ademais, dinamizará a economía local, permitirá o fortalecemento do tecido social e mellorará a infraestrutura da comunidade.

Segundo o acordo, o Concello adquirirá o terreo situado no lugar das Rabadeiras, na parroquia de Fontenla, que conta cunha extensión de terreo de 11.037 metros cadrados. Alí construirase unha pista de atletismo de 200 metros en forma ovalada con instalacións de salto de altura, martelo e pista recta de velocidade.

Ademais, albergará unha pista de tiro con arco e unha infraestrutura de usos múltiples onde se practicará tiro con arco interior combinado co ximnasio para a instalación, así coma os vestiarios acordes con este tipo de instalacións. A Axencia de Turismo de Galicia comprométese a colaborar no financiamento do custo das actuacións previstas achegando 300.000 euros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS