A exposición ‘The Magical Miniworld Experience‘ baseada no mundo máxico de Harry Potter chega a Vigo dentro da súa programación de Nadal da man de Vigo Plan e o Concello de Vigo e estará instalada na praza pública do CC Vialia de Vigo.
Trátase dunha mostra de máis de 1.000 metros cadrados que ten a misión de transportar as persoas que a visiten ata o mundo de Howarts da man dos seus protagonistas.
Tras a inauguración do pasado sábado do acendido das luces na cidade olívica, este venres 22 de novembro comezan as visitas inmersivas que dende a organización aseguran «non deixará a nadie indiferente».
Estaba previsto que a exposición estivera instalada na praza fronte ao Náutico de Vigo, mais finalmente a nova ubicación será na praza pública do CC Vialia Estación de Vigo. As entradas xa están á venda na plataforma VIGOPLAN a un prezo de 11 euros.
A exposición contará con entenares de pezas únicas, figuras, bustos, dioramas e unha gran colección de varitas máxicas. Os fans da saga poderán descubrir as réplicas, escenarios e ata os obxectos máis icónicos da saga.
Ademais, The Magical Miniworld Experience está deseñada para crear unha experiencia en primeira persoa, na que os e as visitantes poderán sumerxirse e crear o seu propio mini mundo de pocións e réplicas da man do merchandising oficial de Miniverse. Make it Mini Potions.