domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísGalicia pendente das cotas de pesca 2022 pactadas en Bruxelas

Galicia pendente das cotas de pesca 2022 pactadas en Bruxelas

Os gobernos europeos negocian en Bruxelas os cambios nas cotas pesqueiras do 2022 propostas pola Comisión Europea. Galicia está moi pendente dos posibles recortes para as capturas e pescada, xurelo e linguado.

O Ministro de Pesca, Luis Planas:

España quere reducir os recortes anunciados como propostas nas capturas que afectan especies como a pescada, o xurelo ou o linguado, tan importantes para a frota galega.

O ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas, así o demandou en Bruxelas. Na reunión cos seus homólogos europeos trataron o encarecemento da enerxía e dos custos, que tamén sofren labregos e gandeiros.

Quedan 6 semanas antes do decisivo Consello Europeo de Pesca en decembro e Planas pide cambios en beneficio da frota española.

Bruxelas estuda axudas específicas para o sector. E na axenda estaban as negociacións pesqueiras co Reino Unido. Pero inicialmente non a repartición dos caladoiros propios da UE.

España rexeita as propostas da Comisión Europea, con rebaixas do 18 % para a pescada en augas ibéricas ou do 15 % nas capturas de xurelo ou linguado.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS