domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísGalicia supera os 1.300 casos COVID e rexistra 56 hospitalizados

Galicia supera os 1.300 casos COVID e rexistra 56 hospitalizados

Galicia ten 1.367 cidadáns e cidadás con coronavirus, 82 máis ca na xornada de onte. Foron detectados 123 novos casos por probas diagnósticas. Nos hospitais hai 56 persoas ingresadas; 10 en UCI e 46 en planta.

Os contaxios diarios mantéñense por enriba da centena, aínda que baixan con respecto ao día anterior.

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 317 (=)

Ourense: 322 (+27)

Vigo: 263 (+30)

Lugo: 134 (+10)

Santiago: 123 (+10)

Pontevedra: 114 (+8)

Ferrol: 94 (-3)

Tamén ascenden as persoas hospitalizadas tanto en UCI (+1) como en planta (+2). En total, hai 10 persoas ingresadas en coidados intensivos e 46 en planta. Con todo, o Sergas notificou dous novos falecementos por mor da covid, que elevan a cifra a 2.658 mortes desde o inicio da pandemia

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS