O Concello do Porriño impulsa dúas novas iniciativas solidarias co fin de recadar fondos para as vítimas da DANA que afectou á Comunidade Valenciana. Baixo o lema “Forza Valencia, AMUNT!”, este domingo 17 de novembro celebrarase unha andaina solidaria e un festival de música. Os beneficios destinaranse a través da plataforma de coordinación de axudas Som Solidaritat para apoiar ás entidades locais da Horta Sud máis afectadas por este desastre natural.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, quixo agradecer aos artistas, comerciantes, hostaleiros e empresas que fixeron posible esta tarde de solidariedade. “É fundamental que sigamos axudando ao pobo valenciano. A través deste tipo de accións coordinadas, estamos a garantir que a nosa axuda chegue de maneira eficiente a quen máis o necesitan, e sobre todo, que os afectados pola DANA non caian no olvido porque nos necesitan máis que nunca”, afirmou o alcalde.
“Forza Valencia, AMUNT!”
As actividades comezarán ás 16.30 horas coa Andaina Solidaria, que sairá desde a Praza Arquitecto Antonio Palacios. Os participantes percorrerán catro quilómetros polo centro urbano e o paseo do Louro. As inscricións estarán abertas ese mesmo día de maneira presencial ou a través da plataforma en liña eventos.emesports.es. Tamén realizando un donativo na conta bancaria ES58 2080 5054 0131 1002 7998 (indicando no concepto Donativo Voluntario Andaina).
Ás 18.00 horas, arrincará o Festival Solidario no que participarán 14 artistas de maneira totalmente altruísta para aportar o seu talento a esta causa. Subirán ao escenario hydn, Iker Faure, Law, Noemí Fernández, Xeración M, Dorman DJ, Dj Mus e Groove Amigos. Tamén estarán Juan Demarco, Keva, Khris Guez, Pitty, Samu Pexe, Shameless e Traffic House.
Durante o festival, os asistentes poderán participar nun sorteo de agasallos e tarxetas regalo doados polo comercio e a hostalería local. Por cada donativo de 5 euros realizado na conta [ES58 2080 5054 0131 1002 7998] e presentado o xustificante de pago, os asistentes recibirán unha rifa para participar no sorteo. O concerto é completamente gratuíto, e todos os fondos recadados irán destinados ás vítimas da DANA.