viernes, noviembre 15, 2024
InicioNewsActualidadeRecollida solidaria de xoguetes novos para nenas e nenos hospitalizados no Hospital...

Recollida solidaria de xoguetes novos para nenas e nenos hospitalizados no Hospital Álvaro Cunqueiro

A asociación ‘Amigos Moteros’ de Vigo organiza por terceiro ano consecutivo unha recollida de xoguetes para os nenos e nenas hospitalizadas no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, en pediatría, oncoloxía e UCIs.

Dende a asociación fan especial fincapé en que os xoguetes deben ser exclusivamente novos, debido a que moitos destes pequenos encóntranse inmunodeprimidos.

Esta é a lista de establecementos colaboradores onde se poden mercar e/ou depositar os xoguetes doados. A entrega realizarase o 22 de decembro ás 16:00h no hospital.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS