viernes, noviembre 15, 2024
InicioNewsComarcasMáis de 350 bailaríns disputarán o XXIII Trofeo Concello do Porriño de...

Máis de 350 bailaríns disputarán o XXIII Trofeo Concello do Porriño de baile deportivo

Este domingo, 17 de novembro, o Pavillón Municipal do Porriño converterase no epicentro do baile deportivo en Galicia coa celebración do XXIII Trofeo Concello do Porriño. Desde as 10.00 ata as 20.00 horas, máis de 350 bailaríns daranse cita para participar en diversas disciplinas e competicións.

Este evento consolidouse como un dos máis importantes no calendario de baile deportivo galego. Está organizado polo CBD Pasos-BaileGalicia en colaboración co Concello de Porriño, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra. Este ano, o trofeo incluirá varias competicións destacadas. Entre elas, atópanse o Campionato Galego Xunta de Galicia de Danza Coreográfica, que contará coa participación de aproximadamente 200 bailaríns. Tamén estará o Campionato Gallego Xunta de Galicia de 10 bailes, cuns 60 participantes.

Ademais, os asistentes poderán gozar da competición profesional Latino e do Open internacional latino, que reunirán aos mellores bailaríns do ámbito nacional. O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, e o director do evento deportivo, Miguel Abreu, presentaron hoxe o evento. Destacaron a súa importancia para a promoción desta disciplina deportiva que conta moita afección no municipio e na contorna.

O concelleiro Estévez subliñou o compromiso do Concello de Porriño co fomento de actividades deportivas como este trofeo “que son un escaparate perfecto para o forte músculo deportivo que ten o noso pobo”.

O alcalde, pola súa banda, apuntou que “estamos moi emocionados de impulsar de novo este evento no Porriño. Non só promove o deporte, senón que tamén reúne a talentos de toda Galicia e máis aló, dándonos a coñecer a través do baile deportivo”. Lorenzo concluíu “convidando a todos os amantes do baile e do deporte para asistir a este evento único, onde a paixón e o talento daranse a man nunha xornada inesquecible”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS