O Concello de Ponteareas informou que o prazo para a concesión das autorizacións de venda ambulante en feiras e mercados da vila pecha o vindeiro 15 de decembro. As persoas interesadas poderán presentar as súas peticións de renovación, así como as solicitudes para obter a autorización para a adxudicación dos postos que queden vacantes a través da sede electrónica. O Concello lembra que este prazo tamén é válido para os titulares dos postos de venda de excedentes de produtos de consumo (carreira) e para aqueles de planta de horta.
Os formularios para realizar estas solicitudes de renovación e de nova adxudicación, así como a información con todos os requisitos que se deben cumprir, están xa dispoñibles na páxina web do Concello. Están situados no apartado “formularios e impresos” “venda ambulante” e na Oficina de Administración Xeral, situada no primeiro andar da Casa Consistorial.
Na actualidade o Concello oferta máis de 150 postos de venda ambulante nos mercados e feiras. Estas celébranse os sábados e o día 14 de cada mes, que abranguen produtos que van dende a alimentación ou plantas até calzado, téxtil ou complementos.