lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísGalicia roza os 1.000 positivos COVID, 48 deles hospitalizados

Galicia roza os 1.000 positivos COVID, 48 deles hospitalizados

Van tres días seguidos con máis de 100 novos contaxios diarios en Galicia. No País xa hai 993 persoas con coronavirus, son 86 máis que 24 horas antes. Na última xornada foron 123 novos casos diagnosticados.

Todas as áreas sanitarias soben o seu número de casos. A que rexistra máis casos de coronavirus é a de Ourense, aínda que moi preto da da Coruña.

Ourense: 259 (+30)

A Coruña: 258 (+10)

Vigo: 146 (+20)

Santiago: 85 (+7)

Lugo: 85 (+13)

Pontevedra: 78 (+2)

Ferrol: 82 (+4)

48 hospitalizados COVID-19

A ocupación hospitalaria tamén aumenta. En concreto, soben os ingresados en planta (+2), pero mantéñense as persoas en coidados intensivos. En total, hai 11 persoas en UCI e 37 en planta.

O Sergas non notificou novos decesos nas últimas 24 horas, mantendo a cifra nos 2.655 falecementos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS