jueves, noviembre 14, 2024
InicioNewsO SERGAS facilita a conxelación de óvulos ás mulleres que decidan pospoñer...

O SERGAS facilita a conxelación de óvulos ás mulleres que decidan pospoñer a maternidade por motivos persoais

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, vén de anunciar que a administración autonómica aproba o Plan Galego de Reprodución Humana asistida cun investimento de 7,8 millóns de euros para «ofrecer a carteira de servizos máis ampla de España». Así o dixo nunha conferencia de prensa na que indicou que «se trata dun dos compromisos de lexislatura e que busca ampliar o número de beneficiarios destes servizos».

Rueda explico que este plan é unha folla de ruta para incrementar, de forma progresiva, a idade máxima de acceso aos tratamentos de fertilidade na sanidade pública, elevando o límite actual dos 40 anos ata cumprir os 45.

Neste contexto, o plan amplía o acceso á conxelación de óvulos a mulleres con patoloxías non oncolóxicas e a aquelas de entre 30 e 35 anos que decidan pospoñer a maternidade por motivos persoais.

Explícao en Si Radio Marta Veiga, doutora especializada:

Xa o vindeiro mes de decemebro, Galicia comezará a facilitar a conxelación de óvulos no caso de endometriose e de cirurxías con risco de perda de fertilidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS