miércoles, noviembre 27, 2024
InicioNewsO PaísA suba de positivos na Coruña e Ourense eleva a 900 os...

A suba de positivos na Coruña e Ourense eleva a 900 os casos

A área sanitaria da Coruña rexistra 248 (+24) casos activos e a de Ourense 229 (+27). Son as principais culpables de que Galicia supere xa os 900 casos activos. Con todo soben os casos en todas as áreas, agás na de Pontevedra. Nos hospitais hai 46 ingresados por COVID-19.

Galicia ten 907 persoas con coronavirus ao sumarse 106 novos casos nas últimas 24 horas a través de probas diagnósticas. As áreas que máis positivos suman son a da Coruña e a de Ourense. 

A Coruña: 248 (+24)

Ourense: 229 (+27)

Vigo: 126 (+7)

Santiago: 78 (+3)

Ferrol: 78 (+1)

Pontevedra: 76 (-3)

Lugo: 72 (+4)

Nos hospitais galegos tamén soben as persoas ingresadas por coronavirus. En planta (+5), pero diminúen as persoas en coidados intensivos (-1). En total 46 hospitalizados, hai 11 persoas en UCI e 35 en planta.

O Sergas non notificou decesos por mor da covid, polo que o número de falecementos mantense nos 2.655.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS